O mago Chrystyan Magic comeza as súas andaduras no mundo do espectáculo no ano 1997 como animador turístico e showman, rodaxe que lle converteu nun mestre de cerimonias todo terreo ó que so lle faltaba estrearse na que sempre fora a súa grande ilusión: o mundo da maxia.

É no ano 2000 cando, tras moito traballo e non pouca dedicación, Chrystyan estrea o seu primeiro número de maxia en público no programa de Ana Kiro na T.V.G.

Dende entón, Chrystyan Magic e a súa compañeira e axudante Sonya Lago crean un espectáculo de maxia bautizado “A maxia en clave de humor” que para nada é tradicional, sendo o primeiro e único mago galego que combina maxia, animación e globoflexia no seu espectáculo. Este é un show baseado na maxia, mais aderezado con humor e entretemento no que se mesturan diversos números de levitación, cartas, panos, cordas, figuras con globos... sempre buscando un sorriso por parte do público e a participación tanto de nen@s como maiores para que todos se divirtan por igual.

Con este show, co que continúan de xira por toda a comunidade, fixéronse ó longo destes anos cun espacio no panorama do espectáculo galego, repartindo ilusión, sorrisos e diversión a pequenos e non tan pequenos por tódolos escenarios ó longo e ancho da nosa terra.

Xa para público infantil, adulto ou terceira idade, “A Maxia en Clave de Humor” é un espectáculo para todo tipo de eventos, adaptable a calquera celebración que vostede imaxine.

 

Inclúe:

•  Mago e Partenair.

•  Unha hora de espectáculo de maxia da man de Chrystyan Magic.

•  Sonorización do espectáculo con equipo de son de 300W.

•  Montaxe, decorado e transporte.

Mandanos un e-mail